Cantiga No. 194 "Como o nome da Virgen"
Como Santa Maria livrou uu jograr Duus que querian matar e lle querian fillar o que tragia.


Dest' aveo un miragre / en terra de Catalonna
dun jograr que ben cantava / e apost' e sen vergonna;
e andando pelas cortes, / fazendo ben ssa besonna,
a casa dun cavaleiro foi pousar cobiiçoso,
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

Que lle deu aquela noite / ben quanto mester avia.
Mais da besta e dos panos / que aquel jograr tragia
aquel cuteif avarento / tal cobiiça ll' en crecia,
que mandou a un seu ome / mao e mui sobervioso
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

Que lle tevess' a carreira / con outro de ssa conpanna
en un logar encuberto / dentr' en algua montanna.
E esto fez el de grado, ca xo avia por manna,
ca en fazer maos feitos / non vos era vagaroso;
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

E dessa natura mesma / levou sig' un conpanneiro.
E o jograr espediu-sse / mannãa do cavaleiro;
e des que foi no camyo / e o viron yr senlleiro,
aqueles dous o prenderon / en un logar mui fragoso,
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

E logo daquel camynno / mui longe o alongaron,
e do que sigo tragia / nulla ren non lle leixaron;
des I que o degolassen / ontre ssi oacordaron,
mais nono sofreu a Virgen / nen seu Fillo grorioso.
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

E estando en perfia / de qual deles o matasse,
deitaron ontre ssi sortes / quen primeiro começasse;
mas non quis Santa Maria / que tal feito s'encimasse,
ca el diss' a grandes vozes: / "Madre do Rei piadoso,
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

E val-m; e que me non maten / me defende sen demora."
Eles, quand' aquest' oyron, / tiraron-sse log' afora
e os sentidos perderon / dos corpos en essa ora,
que sol falar non poderon. E o jograr perdidoso
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

De quanto ali trouxera, / pois viu que assi estavan
catando-sse uu con outro / e que non se falavan,
fillou todoo seu logo / e foi-ss'; e eles ficavan
con mui gran pavor de morte. Feito tan maravilloso
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

Se foi nunca niun ome / que dele falar oisse,
que por enmentar o nome / da Virgen ren non sentisse
ome do corpo; mais esto / ant' a profeta o disse,
que come azes paradas ./ era seu nom' espantoso.
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso

jograr sse foi sa via, / dando mui grandes loores
aa Virgen groriosa, / acorro dos peccadores;
e quantos aquesto oyron, / os grandes e os meores,
teveron este miragre / por nobr' e por piadoso.
Como o nome da Virgen / é aos bõos fremoso


Return to Alfonso X Home page or to English version of Cantiga 194.