Joan  Zorro


"Per ribeira do rio
vi remar o navio,
e sabor ei da ribeira
Per ribeira do alto
vi remar o barco,
e sabor ei da ribeira.
Vi remar o navio;
i vai o meu amigo,
e sabor ei da ribeira.
Vi remar o barco;
e vai o meu amado,
e sabor ei da ribeira.
I vai o meu amigo,
quer-me levar consigo,
e sabor ei da ribeira,
I vai o meu amado,
quer-me levar de grado,
e sabor ei da ribeira."
===
 
"En Lixboa, sobre lo mar
barcas novas mandei lavrar,
ai mia senhor velida!
En Lixboa, sobre lo ler,
barcas novas mandei fazer,
ai mia senhor velida!
[B]arcas novas mandei lavrar
e no mar as mandei deitar,
ai mia senhor velida!
[B]arcas novas mandei fazer
e no mar as mandei meter,
ai mia senhor velida!"
 ===
 
"El-rei de Portugale
barcas mandou lavrare
e lá irá nas barcas migo,
mia filha, o voss' amigo.
El-rei portug[u]eese
barcas mandou fazere,
e lá irá nas barcas migo,
mia filha, o voss' amigo.

Barcas mandou lavrare
e no mar as deitare,
e lá irá nas barcas migo,
mia filha, o voss' amigo.

Barcas mandou fazere
e no mar as metere,
e lá irá nas barcas migo,
mia filha, o voss' amigo."
 ===
 
"--Cabelos, los meus cabelos,
el-rei m' enviou por elos;
madre, que lhis farei?
--Filha, dade-os a el-rei.
--Garcetas, las mias garcetas,
el-rei m' enviou por elas;
madre, que lhis farei?
--Filha, dade-as a el-rei."
=== 
 
"Pela ribeira do rio
cantando ia la dona virgo
d' amor:
"Venhan nas barcas polo rio
a sabor".
Pela ribeira do alto
cantando ia la dona d' algo
d' amor:
"Venhan nas barcas polo rio
a sabor"."
 ===
 
"Mete el-rei barcas no rio forte;
quem amigo á que Deus lho amostre:
alá vai, madre, ond' ei suidade.
Mete el-rei, barcas na Estemadura:
quem amig[o] á que Deus lho aduga:
alá vai, madre, ond' ei suidade."
 ===
 
"Jus' a lo mar é o rio;
eu, namorada, irei
u el-rei arma navio;
Amores, convusco m' irei.
Jus' a lo mar é o alto;
eu, namorada, irei
u el-rei arma o barco;
Amores, convusco m' irei.
U el-rei arma navio
eu, namorada, irei,
pera levar a virgo;
Amores, convusco m' irei.
U el-rei arma o barco
eu, namorada, irei,
pera levar a d' algo,
Amores, convusco m' irei."
=== 
 
"Pela ribeira do rio salido
trebelhei, madre, con meu amigo:
amor ei migo, que non ouvesse;
fiz por amigo que non fezesse!
Pela ribeira do rio levado
trebelhei, madre, con meu amado:
amor ei migo que non ouvesse,
fiz por amigo que non fezesse."
=== 
 
"Bailemos agora, por Deus, ai velidas,
so aquestas avelaneiras frolidas
e quem fôr velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.
Bailemos agora, por Deus, ai loadas,
so aquestas avelaneiras granadas
e quem fôr loada como nós, loadas,
se amigo amar.
so aquestas avelaneiras granadas
verrá bailar."


Return to Span 480 or Span 591 (lírica) home page