Airas Nunes

 

--Bailad' oj' , ai filha, que prazer vejades,
ant' o voss' amigo, que vós muit' amades.
--Bailarei eu, madre, pois mi-o vos mandades
mais pero entendo de vós u~a ren:
de viver el pouco muito vos pagades,
pois me vós mandades que bail' ant' el bem.
--Rogo vos, ai filha, por Deus, que bailedes
ant' o voss' amigo, que ben parecedes.
--Bailarei eu, madre, pois mi-o vós dizedes,
mais pero entendo de vós u~a ren:
de viver el pouco gram sabor avedes
pois me vós mandades que bail' ant' el bem.
==
--Por Deus, ai mia filha, fazed' a bailada
ant' o voss' amigo de so a milgranada.
--Bailarei eu, madre, d' aquesta vegada,
mai[s pero] entendo de vós u~a ren:
de viver el pouco sodes mui pagada,
pois me vós mandades que bail' ant' el bem.
--Bailade oj' , ai filha, por santa Maria
ant' o voss' amigo que vos ben queria.
--Bailarei eu, madre, por vós todavia,
mais pero entendo de vós u~a ren:
de viver el pouco tomades perfia,
pois me vós mandades que bail' ant' el bem.


Return to Span 480 or Span 591 (lírica) home page